Videonoticias

Lenzos e partituras (VI): Galería Vilaseco

27/01/2021. Nesta nova peza do ciclo Lenzos e Partituras visitamos a Galería Vilaseco, un espazo cultural multidisciplinar ubicado no centro da cidade da Coruña. Conversamos coa súa directora, Miriam Pérez e descubrimos “El desencanto”, exposición de Teo Soriano que habita nestes momentos o espazo. O percusionista Noè Rodrigo inunda a sala cun maremoto sonoro, intenso como a obra de Soriano. Nun solo de multipercusión interpreta PSAPPHA, de Iannis Xenakis. Subscríbete á nosa canle de YouTube para gozar de “Lenzos e Partituras”, un ciclo co que a Asociación Cultural AÏS e a Alexandre Bóveda achegamos á túa casa diferentes espazos creativos da Coruña nun diálogo de música e arte. Chus Álvarez /guión e locución Iván Yupari/ gravación e montaxe Manuel Eirís/ gravación e iluminación Óscar Domínguez/ técnico de son Idea original de ciclo dirixido por Hugo Gómez-Chao Porta
Publicado en Youtube por Asociación Cultural AÏS el 27/01/2021